Firma do Convenio Financiero entre Centro Comercial Aberto do Ribeiro e ABANCA

ABANCA e o CCA do Ribeiro traballan nunha oferta conxunta de crédito para clientes e asociados.

  • O banco e a asociación de comerciantes de Ribadavia asinan un texto de colaboración para mellorar a competitividade dos pequenos establecementos e impulsar as vendas na localidade ourensá
  • Os asociados gozarán de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financeira galega

18.10.2017. ABANCA e o Centro Comercial Aberto (CCA) do Ribeiro veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo posto en impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial da localidade de Ribadavia.

A presidenta do CCA do Ribeiro, Rocío Estévez, e o director de zona de ABANCA en Ourense Oeste, Enrique Romero, rubricaron hoxe na localidade un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial local.

O convenio facilita que os comerciantes de Ribadavia asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe unha oferta vantaxosa na contratación de liñas de comercio exterior e no anticipo de subvencións, así como a posta a disposición do colectivo das liñas de financiamento especial do Plan Activamos, asinado entre ABANCA e a Deputación de Ourense.

Ademais, o documento asinado pon a disposición deste colectivo de empresarios e autónomos a comercialización de produtos específicos da entidade, entre os que destaca o servizo APLAZOS nas súas dúas modalidades: con Terminal Punto de Venda (TPV) ou sen TPV (banca electrónica). Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento dos dispositivos TPV.

Do mesmo xeito, os comerciantes adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

O CCA do Ribeiro reúne os intereses de máis de 118 empresas e negocios desta área de influenza, que exercen a súa actividade principalmente no sector servizos. Nos últimos meses o CCA do Ribeiro lanzou campañas de promoción como Desfile de Moda, o Concurso de Pincho de Primavera, o Concurso de Pinchos de Outono, a Campaña do Nada, o Día do Pai e da Nai….

Firma do Convenio Financiero con ABANCA

 

O Centro Comercial Aberto do Ribeiro convidate ao Teatro

O Centro Comercial Aberto do Ribeiro convidate ao Teatro.

¿Queres unha entrada dobre para o teatro?

Só tes que facer as túas compras en Establecementos Asociados do Ribeiro, e entrarás no sorteo dunha entrada para dúas persoas para ver unha obra de teatro na 33 Edición da MIT.

Dende o 28 de xuño ao 12 de xullo.

Data do sorteo, 12 de xullo ás 13:30h. na Praza de Abastos de Ribadavia.

 

1º Concurso de Pinchos de Primavera

24 -26 de marzo / 31 – 2 de abril.

Participan: Café Restaurante Alternativa, Bar Caracas,  Bar Meu, Bar O Morto, O Lagar de Gael, A Porta da Cerca, Bar Huella del Garto, Ribeiro e Xamón, Restaurante Plaza, Vinoteca Ribadavia, Gastrobar O Birrán, Parque Naútico de Castrelo de Miño.