A ASOCIACIÓN DOS COMERCIANTES DO RIBEIRO constitúese como unha entidade sen ánimo de lucro, para representar, xestionar, fomentar e defender os intereses profesionais, públicos ou privados dos seus membros e singularmente ante a Administración e as Organizacións Sindicais dos traballadores.

Por qué asociarse?

A continuación resumímosche os obxectivos da asociación e as ventaxas para os asociados, si queres unirte, cubre o formulario e porémonos en contacto contigo.

 

    Para asociarse, cumplimente o seguinte formulario

    O teu nome (obrigatorio)

    O teu email (obrigatorio)

    Asunto

    A túa mensaxe


    • – A representación, xestión, fomento e defensa dos intereses profesionais dos empresarios asociados, ante toda clase de persoas e entidades públicas ou privadas e singularmente ante a Administración e as Organizacións Sindicais dos traballadores.
    • – Para representar e intervir nos convenios e conflitos colectivos dos empresarios asociados.
    • – Para contribuír ao logro da unidade da organización profesional, a Asociación de Mozos Empresarios poderá afiliarse as convintes Federacións e Confederacións de nivel provincial, autonómico e estatal.
    • – O establecemento de servizos propios de interese común para os seus membros.
    • – A administración e disposición dos propios recursos, sexan orzamentarios ou patrimoniais e a súa aplicación aos fins e activ idades propios da Asociación.
    • – O exercicio ante os tribunais ou calquera outro organismo público de accións que procedan con arranxo as leis.
    • – A constitución de fondos, independentes aos orzamentos anuais de gastos, para axuda económica dos seus afiliados nas condicións e casos que se prevean no Regulamento de constitución e funcionamento do fondo.
    • – Organizar actividades e servizos de carácter formativo, asistencia técnica, para o mellor desenrolo do seus propios fins en beneficio dos seus asociados.
    • – Constituír unha Comisión de arbitraxe a fin de mediar en situacións conflitivas ante asociados ou terceiros que a ela se sometan expresamente.
    • – Ser canle de participación do empresariado nos organismos de consulta e colaboración dentro do seu ámbito sectorial e territorial.
    • – Manter a imaxe pública e o prestixio da actividade profesional en xeral saíndo ao paso das informacións, artigos e comentarios dos medios de comunicación que poidan prexudicala.
    • – Promoción e difusión da cultura galega, en especial a promoción dos distintos Camiños de Santiago, así como do Xacobeo.
    • – Todas cantas outras funcións de análoga natureza se consideren necesarias para o cumprimento dos seus fins e para a defensa dos lexítimos intereses dos seus membros.

    • – Asesoramento para a solicitude de axudas e subvencións.
    • – Asesoramento xurídico e financieiro gratuito
    • – Asesoramento integral en materia laboral
    • – Asesoramento na xestión de impagados
    • – Asesoramento en canto a Lei de Protección de datos
    • – Información normativa de carácter xeral
    • – Emitimos información diariamente a través dos correos electrónicos, das redes sociais ou ben na nosa páxina web con novas de caracter empresarial que poidan interesar ós nosos asociados.
    • – Asesoramento no campo de Prevención de Riscos Laborais, en Calidade e Medio ambiente.
    • – Participación nos programas de internacionalización
    • – Formación a través de diferentes cursos que se levan ó longo do ano para a túa empresa e os teus empregados.
    • – Distintivo de sinalización no teu comercio .
    • – Participación nas campañas de dinamización comercial que organizamos durante todo o ano.


    • – Contratar a taxjeta SOLRED que ofrece 4.5 ctms de € de dtos. En gasoil e 1.8 ctms. De € en gasolina
    • – Con MoviStar hai descontos tanto para movil como para o fixo dende o 15 ata o 30%
    • – Vueling temos un 10% de dto. En voos.
    • – Adeslas e servicaixa ofrece un desconto do 10% ó 21%
    • – Garrigues ofrece un desconto do 10% na elaboración e implantación do protocolo familiar.